Buscador de puntos limpos cleanSpot

A app cleanSpot permite localizar puntos de reciclaxe situados en toda a España nos que depositar residuos non convencionais: pilas, aparatos eléctricos, bombillas, aceite usado, cascallos, voluminosos…

A aplicación permite seleccionar os puntos de reciclaxe e buscar no mapa por localidade ou directamente por proximidade ao dispositivo da persoa usuaria, ofrecendo información sobre o horario e características de cada punto.

En Galicia incorpora a información do conxunto de datos de puntos limpos dispoñible en Abert@s: arredor de 150 espazos xeolocalizados e con información de contacto e horario que se poden descargar en formatos CSV e KML.

Información xeral
Autoría: Marc Martínez Robles
Plataforma: móbil
Conxunto de datos relacionado: Puntos limpos
Categorías:

Botas de menos algún conxunto de datos que podería estar en Abert@s?

Tes algunha dúbida sobre os formatos ou as condicións de uso do portal?

Coñeces algunha aplicación que reutilice os seus datos ou desenvolviches algunha a partir deles?

Daquela só tes que enviarnos un correo coas túas propostas!
Achéganos a túa opinión

Introduza os caracteres que aparecen a continuación: