Servizos no mapa

Servizos no mapa é unha nova aplicación que a Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía para facilitar a localización dos equipamentos e servizos da Administración pública (culturais, educativos, sanitarios...) tanto autonómica coma estatal e local.

Aínda que no momento da súa publicación xa dispón de máis de 4.000 recursos xeorrefenciados, o mapa irá incorporando progresivamente novos tipos de servizos co obxectivo de converterse nunha guía de referencia para coñecer os datos de contacto e localización destes no territorio.

Toda a información dispoñible provén de conxuntos de datos publicados en Abert@s.

Baseado en Google Maps, permite localizar os distintos servizos realizando buscas por palabras, provincias e concellos, tipos de servizos e temáticas destes.

O mapa pode visualizarse de forma reducida ou ampliada. Ademais, para cada tipo de servizo, dispón de iconas específicas sobre as que se pode premer para consultar os datos relacionados con cada recurso (enderezo, teléfono, correo electrónico, páxina web, horario...).

Información xeral
Botas de menos algún conxunto de datos que podería estar en Abert@s?

Tes algunha dúbida sobre os formatos ou as condicións de uso do portal?

Coñeces algunha aplicación que reutilice os seus datos ou desenvolviches algunha a partir deles?
Daquela só tes que enviarnos un correo coas túas propostas!
Achéganos a túa opinión