CSV (56 Kb) | Datos proporcionados ao rexistro polas entidades |
No Rexistro de entidades locais de Galicia inscríbense todas as entidades locais ás que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
Organízase en dúas seccións xerais referidas, respectivamente, ás entidades de carácter territorial e a outras entidades locais (non territoriais).
As entidades de carácter territorial son a provincia, o municipio e as entidades de ámbito territorial inferior ao municipio. As outras entidades, de carácter non territorial, son as áreas metropolitanas, as mancomunidades de municipios, os consorcios locais e as entidades locais menores.
No arquivo .csv figuran os datos de de contacto, número e tipoloxía das entidades do rexistro, así como a súa data de inscrición.
- Data de alta: 03-04-2013
- Data de actualización: 01-09-2023
- Frecuencia de actualización: mensual
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
- Procedemento de rexistro de entidades locais de Galicia (RELGA). Inscrición de entidades locais territoriais (PR403A)
- Procedemento de rexistro de entidades locais de Galicia (RELGA). Inscrición doutras entidades locais (PR403B)
- Decreto 371/1998, do 10 de decembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades Locais de Galicia
- Orde do 8 de marzo de 2000 de desenvolvemento do Decreto 371/1998, do 10 de decembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades Locais de Galicia
...outros conxuntos de datos de Administración pública