MeteoGalicia dispón dun servizo web (MeteoSIX) que proporciona acceso aos resultados dos distintos modelos de predición numérica que executa diariamente este organismo. Ademais, permite obter información sobre as mareas e as horas de saída e posta do sol.
Deste xeito, facilita a consulta de grande cantidade de información de predición meteorolóxica e oceanográfica, con variables como o estado do ceo, a temperatura, o vento, a cota de neve a humidade relativa, as precipitacións, a cobertura de nubes, a presión ao nivel do mar, a altura de onda, o período de onda, a dirección de onda, a temperatura da auga ou a súa salinidade.
A API de MeteoSIX pode ser útil tanto para aquelas persoas que desexen desenvolver aplicacións meteorolóxicas a medida, usando estes datos, como para usuarios finais que precisen a información para distintos tipos de análises e procesamentos. Ademais, é pública e o seu uso é gratuíto pero para usala debe solicitarse unha clave de usuario/a. Consulte como obtela nesta páxina.
- Data de alta: 30-05-2013
- Data de actualización: 31-03-2023
- Frecuencia de actualización: diario
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Meteogalicia
...outros conxuntos de datos de Ciencia e tecnoloxía
...outros conxuntos de datos de Medio ambiente
...outros conxuntos de datos de Territorio, vivenda e transporte