Relación dos puntos limpos do Sistema de Información de Residuos de Galicia.
Os puntos limpos son instalacións cun equipamento axeitado para a recepción, separación selectiva e almacenamento temporal de residuos de orixe doméstica de especiais características.
Os datos están dispoñibles en formato .kml (coa información básica de contacto, horario e xeorreferenciación) e en .csv (que incorpora tamén a información da entidade titular do punto, o seu estado actual de funcionamento, ano e custo de execución, concellos aos que presta servizo e a referencia da entidade ou empresa xestora da instalación).
- Data de alta: 28-01-2014
- Data de actualización: 02-12-2019
- Frecuencia de actualización: sen periodicidade
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Medio ambiente