Calendario 2019 de publicación de estatísticas do IGE
Descarga
Descarga do ficheiro en formato .ics - versión para aplicar ao seu calendario
(59 Kb)
Sobre este conxunto de datos
Calendario de 2019 dos días nos que se publican as estatísticas conxunturais, de periodicidade mensual e trimestral, do Instituto Galego de Estatística.
A información que proporciona inclúe a data de referencia na que estarán dispoñibles os resultados. As actividades estruturais, de periodicidade igual ou superior ao ano, móstranse debaixo do calendario de cada mes e difúndense na páxina web do IGE ao longo dese período.
As estatísticas cuxa referencia se contempla no calendario, xunto coas siglas polas que se recoñecen, son:
- EC - Estatística de construción de edificios
- AfiSS - Explotación das afiliacións á Seguridade Social
- IPC - Índice de prezos ao consumo
- CEXT - Comercio exterior e intracomunitario
- IVU - Índices de valor unitario para o comercio exterior
- EPA - Enquisa de poboación activa
- EPAx - Enquisa de poboación activa. Estudo sobre a relación coa actividade da poboación xuvenil
- IASS - Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos
- IPRI - Índice de prezos industriais
- ECF - Enquisa conxuntural a fogares
- BORME - Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil
- IC - Índices de competitividade
- EPAF - Estatística de fluxos da poboación activa
- AfiSSC - Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia do/a afiliado/a
- IPI - Índice de produción industrial
- IVCM - Índice de vendas de comercio polo miúdo
O calendario está dispoñible en formato .ics (estándar iCalendar que lle permite á persoa usuaria subscribirse aos datos de forma que poida aplicalos a un calendario do seu ordenador, dispositivo móbil...).
- Data de alta: 08-01-2019
- Data de actualización: 08-01-2019
- Frecuencia de actualización: anual
- Licenza: Creative Commons BY SA 4.0
- Fonte de datos: IGE - Instituto Galego de Estatística
...outros conxuntos de datos relacionados
- Calendario 2018 de publicación de estatísticas do IGE
- Calendario 2017 de publicación de estatísticas do IGE
...outros conxuntos de datos de Economía, empresa e emprego
- Calendario laboral 2025
- Valor económico estimado dos produtos galegos de calidade 2020
- Valor económico estimado dos produtos galegos de calidade 2019
...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio
- Rexistro de Escolas de Tempo Libre
- Rexistro de empresas e actividades turísticas
- Bens de Interese Cultural (BIC)
...outros conxuntos de datos de Territorio, vivenda e transporte
Achéganos a túa opinión
Entidade | Mision |
---|---|
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Consellería de Facenda e Administración Pública |
Finalidades do tratamento | Xestionar as suxestións, propostas ou dúbidas sobre os conxuntos de datos publicados neste portal e recoller información sobre posibles experiencias de reutilización levadas a cabo con datos deste catálogo para divulgar estas iniciativas na páxina “Experiencias” deste portal |
Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha misión realizada en interese público e dunha obrigación legal fundamentadas no disposto na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia e polo Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia na Internet |
Destinatarios dos datos | Administracións públicas do ámbito estatal, autonómico ou local cando sexa estritamente necesario para a xestión da súa solicitude, comunicación ou suxestión. No caso de que se xestione a publicación da experiencia de reutilización a través da páxina “Experiencias” deste portal, acompañarase do nome e apelidos ou razón social do autor/a |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e máis información | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |