Predición horaria de orto e ocaso

Sobre este conxunto de datos

Datos do horario no que se produce o orto e o ocaso -comezo e fin do día- nas cidades galegas (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo) e nos portos da Coruña, Vigo, Vilagarcía, Ferrol Ría de Foz, Corcubión, Ría de Camariñas, Ría de Corme, A Guarda, Ribeira, Muros e Pontevedra.

O servizo GeoRSS de orto e ocaso empregado por Meteogalicia para obter estes datos permite consultar a predición de orto e ocaso, en horario local de España, para calquera punto e calquera día, indicando as coordenadas xeográficas do lugar. Tamén pode consultarse para un rango de datas determinado indicando a data de inicio e data de fin.

Achéganos a túa opinión