Servidor THREDDS de MeteoGalicia
Descarga de datos
Acceso aos datos do servidor THREDDS |
Documentación asociada
Descrición
THREDDS é unha ferramenta que permite a consulta e/ou descarga vía web dos resultados dos modelos numéricos executados operativamente polo departamento de Investigación Numérica de MeteoGalicia.
Os formatos orixinais dos datos presentados son os que habitualmente usa a comunidade científica nestes eidos, xa que permiten a multidimensión e son, por exemplo, NetCDF, GRIB ou HDF. Nesta ligazón pódese consultar unha descrición máis completa destes formatos.
THREDDS proporciona tamén diferentes protocolos de acceso aos datos (OPENDAP, HTTPServer, WCS, NetcdfSubset e/ou WMS), algún dos cales permite a descarga dos resultados finais en formato .CSV ou .XML
Información xeral
- Data de alta: 24-05-2022
- Data de actualización: 31-03-2023
- Frecuencia de actualización: diario
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Meteogalicia
Categorías:
Tamén che poderían interesar...
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Medio ambiente
Achéganos a túa opinión