Centros de Información ás Mulleres
Descarga
Descarga do ficheiro KML
(90 Kb)
Sobre este conxunto de datos
Localización dos Centros de Información ás Mulleres (CIM) espallados por todo o territorio galego e datos de contacto (dirección, número de teléfono, correo electrónico...).
Os Centros de Información ás Mulleres son un recurso integral de atención ás mulleres. De titularidade municipal ou dunha mancomunidade, os CIM funcionan como axentes dinamizadores da igualdade entre homes e mulleres no ámbito local e como puntos de información para a prestación de servizos de orientación e asesoramento para as vítimas de violencia de xénero.
Xa sexa atendendo solicitudes individualizadas ou colectivas, estes centros proporcionan, entre outros servizos, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos, asesoramento en materia de igualdade de oportunidades...
- Data de alta: 12-08-2013
- Data de actualización: 13-06-2024
- Frecuencia de actualización: diario
- Licenza: Creative Commons BY SA 4.0
- Fonte de datos: Consellería de Política Social e Igualdade
- Centros de Información ás Mulleres na páxina da Secretaría Xeral da Igualdade
- Decreto 182/2004, do 22 de xullo, polo que se regulan os centros de información ás mulleres e se establecen os requisitos para o seu recoñecemento e funcionamento
- SI433A - Solicitude de recoñecemento e acreditación de centros de información ás mulleres
- SI433B - Solicitude de extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información ás mulleres
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Achéganos a túa opinión
Entidade | Mision |
---|---|
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Consellería de Facenda e Administración Pública |
Finalidades do tratamento | Xestionar as suxestións, propostas ou dúbidas sobre os conxuntos de datos publicados neste portal e recoller información sobre posibles experiencias de reutilización levadas a cabo con datos deste catálogo para divulgar estas iniciativas na páxina “Experiencias” deste portal |
Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha misión realizada en interese público e dunha obrigación legal fundamentadas no disposto na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia e polo Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia na Internet |
Destinatarios dos datos | Administracións públicas do ámbito estatal, autonómico ou local cando sexa estritamente necesario para a xestión da súa solicitude, comunicación ou suxestión. No caso de que se xestione a publicación da experiencia de reutilización a través da páxina “Experiencias” deste portal, acompañarase do nome e apelidos ou razón social do autor/a |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e máis información | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |