Microtoponimia de Galicia
Descarga de datos
CSV (4.74 Mb)
Arquivo comprimido en formato ZIP
Buscador de toponimia
Descrición

Buscador de toponimia para a localización dos nomes de terras e entidades humanas de Galicia.

Permite a xeolocalización dos nomes de accidentes terrestres, costeiros, augas, terras, vías e entidades humanas, a partir dunha busca que pode realizarse por texto, provincia, concello e parroquia.

Por defecto, o buscador fai a procura entre todos os topónimos existentes nas bases de datos almacenadas, pero a persoa usuaria pode restrinxir a busca elixindo entre unha desas bases, ben a do Nomenclátor de entidades de poboación (aparecen xeorreferenciadas as entidades do Nomenclátor do INE, corrixidas segundo as formas do Nomenclátor da Xunta de Galicia) ou a do Proxecto Toponimia de Galicia.  

Os datos poden exportarse en formatos KML, GPX e CSV (o número máximo de topónimos a descargar é de 10.000).

Tamén está dispoñible un arquivo comprimido en formato ZIP coa microtoponimia (nomes de terras, montes, regueiros, fontes, penedos, muíños, camiños…) de varios concellos e parroquias de Galicia, extraída da base de datos de https://toponimia.xunta.gal. Este arquivo non recolle todos os concellos e non inclúe a localización xeográfica.

Para obter os datos dun concello concreto, e comprobar cales son os que teñen recollida a toponimia de todo o termo municipal, ou só dunha ou varias parroquias, pode consultarse o mapa de estado por concellos.

Información xeral
Tamén che poderían interesar...

...outros conxuntos de datos relacionados

Achéganos a túa opinión