CSV (2.56 Mb) | Nomenclátor de Galicia: toponimia oficial |
Toponimia das provincias, parroquias, concellos e lugares de Galicia, de acordo cos ditames da Comisión de Toponimia e coas normas ditadas pola Xunta de Galicia.
A toponimia oficial elaborouse con base nos principios normativos seguintes:
Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG 14.07.1983). No seu artigo 10 establece:
- Os topónimos terán como única forma oficial a galega
- Corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas será determinado polo Concello correspondente
- Estas denominacións son as legais a todos os efectos e a rotulación terá que concordar con elas. A Xunta de Galicia reglamentará a normalización da rotulación pública respectando en todos os casos as normas internacionais que subscriba o Estado
Decreto 174/1998, do 5 de xuño, polo que se modifica o Decreto 43/1984, do 23 de marzo, polo que se regulan as funcións e a composición da Comisión de Toponimia (DOG do 22.06.1998)
Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia (DOG do 21.09.1984)
A toponimia oficial está recollida nos seguintes decretos:
- A Coruña - Decreto 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña (DOG do 25.03.2003)
- Lugo - Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo (DOG do 25.01.2000)
- Ourense - Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Ourense (DOG do 29.08.1996)
- Pontevedra - Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra (DOG do 28.07.1998)
- Data de alta: 30-04-2013
- Data de actualización: 30-04-2013
- Frecuencia de actualización: sen periodicidade
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Territorio, vivenda e transporte