Nomenclátor de Galicia

Descarga

Nomenclátor de Galicia: toponimia oficial

(3.55 Mb)

Sobre este conxunto de datos

Aquí poderás descargar en formato CSV os nomes oficiais das provincias, concellos, parroquias e entidades de poboación de Galicia aprobados no Consello da Xunta de Galicia o día 30 de marzo de 2026.

Esta nova versión do Nomenclátor de Galicia aparece publicada no DOG do día 10 de abril do 2026 a través do Decreto 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.

O novo Nomenclátor 2026 conta cun total de 42.212 topónimos, pero esta listaxe de nomes oficiais non é a definitiva, senón que está en constante revisión e actualización por parte do grupo de expertos en toponimia do Seminario de Onomástica da RAG. O obxectivo é poder ofrecer cada certo tempo unha nova edición actualizada desta complexa e laboriosa obra en función das novas investigacións filolóxicas e dos cambios xeográfico-adminsitrativos que se vaian producindo na ordenación do territorio galego.

A toponimia oficial elaborouse con base nos principios normativos seguintes:

  • Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG 14 de xullo de 1983). No seu artigo 10 establece:
    • Os topónimos terán como única forma oficial a galega
    • Corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas será determinado polo Concello correspondente
    • Estas denominacións son as legais a todos os efectos e a rotulación terá que concordar con elas. A Xunta de Galicia reglamentará a normalización da rotulación pública respectando en todos os casos as normas internacionais que subscriba o Estado
  • Decreto 174/1998, do 5 de xuño, polo que se modifica o Decreto 43/1984, do 23 de marzo, polo que se regulan as funcións e a composición da Comisión de Toponimia (DOG do 22 de xuño de 1998)
  • Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia (DOG do 21 de setembro de 1984)
  • Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 16 de maio de 2016)
  • Orde do 3 de maio de 2021 pola que se nomean membros da Comisión de Toponimia (DOG do 4 de maio 2021)
  • Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG do 4 de xullo de 2022)

...outros conxuntos de datos relacionados

Achéganos a túa opinión