Polígonos e parcelas do Censo de solo empresarial de Galicia

Descarga

Acceso aos datos

Sobre este conxunto de datos

O Censo de solo empresarial de Galicia, incluído na Lei 5/2017, de 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, é un instrumento de avaliación, planificación e actualización das necesidades do solo empresarial de Galicia no cal se establece a inscrición de todas as áreas empresariais promovidas que teñen parcelas dispoñibles para a súa comercialización, así como as áreas previstas para o seu inmediato desenvolvemento. Deste modo, facilítase o coñecemento do solo realmente dispoñible e o grado de ocupación das áreas empresariais existentes.
 
Este arquivo contén a relación de todas as parcelas sinaladas, segundo a área empresarial na que están situadas, a súa superficie, o seu prezo e seu estado actual. 
 
En canto ás áreas empresariais figuran os datos relativos á súa situación xeográfica (coordenadas, concello e provincia), á superficie total e dispoñible nestas e ao número de parcelas en cada unha delas (tanto existentes como dispoñibles). 

Achéganos a túa opinión