O ficheiro contén os datos relativos ás encomendas de xestión acordadas polos distintos departamentos da Administración autonómica segundo as obrigas previstas tanto na normativa vixente en materia de transparencia como na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A información distribúese nos seguintes campos: departamento responsable da encomenda, obxecto desta última, entidade encomendante, entidade encomendada, data da sinatura, orzamento, duración, obrigas económicas, subcontratacións (no caso de que se realicen) e ligazón á publicación da encomenda no Diario Oficial de Galicia (tanto en galego como en castelán).
- Data de alta: 14-11-2016
- Data de actualización: 04-09-2023
- Frecuencia de actualización: sen periodicidade
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Consellería de Facenda e Administración Pública
...outros conxuntos de datos de Administración pública