Sistema de indicadores da administración dixital - relacións coa cidadanía 2023
Descarga de datos
Cadro de mando de relacións coa cidadanía 2023 |
Descrición
O Sistema de indicadores da administración dixital (creado pola Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia) mide a evolución e o impacto do desenvolvemento dixital do sector público autonómico galego.
Este sistema está constituído polos indicadores do funcionamento da propia Administración, a partir da información dispoñible nos sistemas e nas aplicacións que lle dan soporte á actividade dixital desta.
O ficheiro en formato .ODS que poderá descargar nesta páxina contén datos:
- da sede electrónica (número de presentacións, número de accesoa á Carpeta cidadá e número de persoas interesadas con presentación na sede electrónica)
- do Sistema Único de Rexistro (anotacións, entradas, porcentaxe de entradas electrónicas...)
- do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal (número de notificacións electrónicas e número de persoas distintas con notificacións electrónicas)
- de acreditación dixital (número total de usuarios activos e número de usuarios dados de alta en Chave365)
- do Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (número total de poderes inscritos e número de poderes vixentes)
Información xeral
- Data de alta: 27-03-2023
- Data de actualización: 31-01-2023
- Frecuencia de actualización: mensual
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Categorías:
Tamén che poderían interesar...
...outros conxuntos de datos de Ciencia e tecnoloxía
Achéganos a túa opinión