Rexistro de entidades deportivas

Descarga

Rexistro de Entidades Deportivas

(3.32 Mb)

Sobre este conxunto de datos

O Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia é un órgano da Administración autonómica que ten por obxecto a inscrición das entidades deportivas reguladas na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia. Na actualidade intégrano máis de 20.000 entidades.

A inscrición no Rexistro das asociacións deportivas e entidades reguladas nesta lei determina o seu recoñecemento legal e é un requisito indispensable para optar ás axudas, subvencións e ao asesoramento da Administración autonómica, así como para a participar en competicións oficiais.

O ficheiro .csv contén os seguintes datos: número de inscrición, nome, enderezo, código postal, código de provincia, provincia, código de concello, concello, teléfono, data de alta no rexistro, tipo de modalidade deportiva, descrición desta, tipo de especialidade deportiva e a súa descrición correspondente e tipo de entidade, segundo as seguintes categorías:

  • Club deportivo
  • Sociedade anónima deportiva
  • Sección deportiva
  • Federación deportiva
  • Agrupación deportiva escolar

Achéganos a túa opinión