CSV (9 Kb) | Datos proporcionados ao rexistro polas entidades |
As Escolas de Tempo Libre son centros de formación para cualificar e titular a monitores, animadores e educadores en xeral para a organización e execución de actividades relacionadas co lecer e tempo libre como campamentos, colonias, campos de traballo, actividades de asociacións e grupos xuvenís, centros de lecer, etc.
No arquivo .csv figuran os datos de contacto das escolas que conforman o rexistro actual da Xunta de Galicia.
Para iniciar a prestación do servizo de formación estas entidades deben emitir unha declaración responsable de inicio de actividade. Ao facelo, quedan inscritas no Rexistro de escolas de tempo libre da Comunidade autónoma de Galicia.
- Data de alta: 17-04-2013
- Data de actualización: 01-06-2023
- Frecuencia de actualización: mensual
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Consellería de Política Social e Xuventude
- Procedemento de declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre (BS307A)
- Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio
...outros conxuntos de datos de Ensino e formación
...outros conxuntos de datos de Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais