Bens de Interese Cultural (BIC)
Descarga
Datos en formato ODS
(118 Kb)
Sobre este conxunto de datos
Os Bens de Interese Cultural (BIC) son aqueles bens mobles, inmobles e inmateriais máis sobranceiros do patrimonio cultural de Galicia, declarados por decreto do Consello da Xunta de Galicia. Esa proposta pode ser iniciativa da consellería competente en materia de patrimonio cultural, despois da tramitación dun procedemento instruído e incoado, ou para aqueles bens que teñan esta consideración en aplicación da lexislación vixente pode empregarse o procedemento descrito na Sede Electrónica da Xunta de Galicia CT135A.
A relación de Bens de Interese Cultural que aquí se pon a disposición da cidadanía inclúe:
- a denominación do ben;
- a súa natureza (moble, inmoble ou inmaterial);
- a súa clasificación (colección, conxunto histórico, individual, lugar de interese etnolóxico, monumento, obra de autor, paraxe pintoresca, sitio histórico, territorio histórico, xardín histórico, zona arqueolóxica);
- localización: provincia e concello;
- información das disposicións legais da declaración: tipo, data da declaración e data da publicación no DOG e/ou no BOE.
- Data de alta: 10-10-2016
- Data de actualización: 19-09-2024
- Frecuencia de actualización: sen_periodicidade
- Licenza: Creative Commons BY SA 4.0
- Fonte de datos: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
...outros conxuntos de datos de Administración pública
- Estatísticas do portal web de Transparencia e Goberno aberto
- Rexistro de entidades locais de Galicia
- Relación de Postos de Traballo (RPT) do ámbito de Función Pública
...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio
Achéganos a túa opinión
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Entidade | Mision |
---|---|
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Consellería de Facenda e Administración Pública |
Finalidades do tratamento | Xestionar as suxestións, propostas ou dúbidas sobre os conxuntos de datos publicados neste portal e recoller información sobre posibles experiencias de reutilización levadas a cabo con datos deste catálogo para divulgar estas iniciativas na páxina “Experiencias” deste portal |
Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha misión realizada en interese público e dunha obrigación legal fundamentadas no disposto na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia e polo Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia na Internet |
Destinatarios dos datos | Administracións públicas do ámbito estatal, autonómico ou local cando sexa estritamente necesario para a xestión da súa solicitude, comunicación ou suxestión. No caso de que se xestione a publicación da experiencia de reutilización a través da páxina “Experiencias” deste portal, acompañarase do nome e apelidos ou razón social do autor/a |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e máis información | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |