Polígonos e parcelas do Censo de solo empresarial de Galicia
Descarga de datos
Acceso aos datos |
Descrición
O Censo de solo empresarial de Galicia, incluído na Lei 5/2017, de 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, é un instrumento de avaliación, planificación e actualización das necesidades do solo empresarial de Galicia no cal se establece a inscrición de todas as áreas empresariais promovidas que teñen parcelas dispoñibles para a súa comercialización, así como as áreas previstas para o seu inmediato desenvolvemento. Deste modo, facilítase o coñecemento do solo realmente dispoñible e o grado de ocupación das áreas empresariais existentes.
Este arquivo contén a relación de todas as parcelas sinaladas, segundo a área empresarial na que están situadas, a súa superficie, o seu prezo e seu estado actual.
En canto ás áreas empresariais figuran os datos relativos á súa situación xeográfica (coordenadas, concello e provincia), á superficie total e dispoñible nestas e ao número de parcelas en cada unha delas (tanto existentes como dispoñibles).
Información xeral
- Data de alta: 21-07-2023
- Data de actualización: 21-07-2023
- Frecuencia de actualización: mensual
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: IGVS - Instituto Galego da Vivenda e Solo
Categorías:
Tamén che poderían interesar...
...outros conxuntos de datos de Territorio, vivenda e transporte
Achéganos a túa opinión