CSV (41 Kb) | Catálogo de portais |
O Catálogo de portais web da Xunta de Galicia constitúe a ferramenta que permite recoller a información xeral, características e propiedades xerais dos portais e servizos web sociais e participativos cuxa titularidade, xestión e administración corresponde aos órganos ou unidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia no exercicio das súas competencias.
O seu contido sirve como base para a publicación na web institucional do Catálogo da Rede integrada da presenza en internet (A-Z) tal e como sinala a Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
O arquivo .csv contén a relación dos portais que forman parte do catálogo actual, coa identificación da organización á que pertencen e a/s área/s temática/s á/s que están asignados.
- Data de alta: 23-04-2013
- Data de actualización: 22-09-2023
- Frecuencia de actualización: diario
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Xunta de Galicia
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Administración pública