Resultados definitivos das eleccións ao Parlamento de Galicia que tiveron lugar na data do 25 de setembro de 2016.
Os datos están agrupados en ficheiros distintos, un por concellos e outro por mesas electorais, cada un deles en dispoñible en formato .csv ou .xls
No primeiro caso, a información distribúese nos seguintes campos: código da provincia, nome da provincia, código do municipio, nome do municipio, censo, votos emitidos, abstención, votos en branco, votos nulos, votos a candidaturas, votos válidos e número de votos obtidos por cada candidatura. O ficheiro que contén os datos das mesas electorais inclúe, a maiores dos anteriores campos, os de distrito, sección e mesa.
Tamén poden acceder, coa mesma estrutura de datos e os mesmos formatos, aos resultados das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2001, 2009 , 2005 e 2012.
- Data de alta: 07-11-2016
- Data de actualización: 07-11-2016
- Frecuencia de actualización: sen periodicidade
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Administración pública