Calendario (60,5 Kb) | Descarga do ficheiro en formato .ics - versión para aplicar ao seu calendario |
Calendario de 2015 dos días no que se publican as estatísticas conxunturais, de periodicidade mensual e trimestral, do Instituto Galego de Estatística.
A información que proporciona inclúe a data de referencia na que estarán dispoñibles os resultados. As actividades estruturais, de periodicidade igual ou superior ao ano, móstranse debaixo do calendario de cada mes e difúndense na páxina web do IGE ao longo dese período.
As estatísticas cuxa referencia se contempla no calendario, xunto coas siglas polas que se recoñecen son:
- Av - Accesibilidade á vivenda
- CT - Contas económicas trimestrais
- EC - Estatística de construción de edificios
- AfiSS - Explotación das afiliacións á seguridade social
- IPC - Índice de prezos ao consumo
- SC - Seguimento e análise da construción
- CEXT - Comercio exterior e intracomunitario
- IVU - Indices de valor unitario para o comercio exterior
- IASS - Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos
- AV - Accesibilidade á vivenda
- IPRI - Índice de prezos industriais
- ETCL - Enquisa trimestral de custos laborais
- BORME - Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil
- IC - Índices de competitividade
- IPI - Índice de produción industrial
- IVCM - Índice de vendas de comercio polo miúdo
- ECF - Enquisa conxuntural a fogares
- EPA - Enquisa de poboación activa
- EPAF - Estatística de fluxos da poboación activa
- AfiSSC - Afiliacións á Seguridade Social por Concello de residencia da persoa afiliada
O calendario está dispoñible en formato .ics (estándar iCalendar que lle permite ao usuario subscribirse aos datos de forma que poida aplicalos a un calendario do seu ordenador, dispositivo móbil...).
- Data de alta: 27-01-2015
- Data de actualización: 27-01-2015
- Frecuencia de actualización: anual
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: IGE - Instituto Galego de Estatística
...outros conxuntos de datos de Economía, empresa e emprego
...outros conxuntos de datos de Territorio, vivenda e transporte
...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio