Calendario 2020 de publicación de estatísticas do IGE

Descarga

Sobre este conxunto de datos

Calendario de 2020 dos días nos que se publican as estatísticas conxunturais, de periodicidade mensual e trimestral, do Instituto Galego de Estatística.

A información que proporciona inclúe a data de referencia na que estarán dispoñibles os resultados. As actividades estruturais, de periodicidade igual ou superior ao ano, móstranse debaixo do calendario de cada mes e difúndense na páxina web do IGE ao longo dese período.

As estatísticas cuxa referencia se contempla no calendario, xunto coas siglas polas que se recoñecen, son:

  • EC - Estatística de construción de edificios
  • AfiSS - Explotación das afiliacións á Seguridade Social
  • IPC - Índice de prezos ao consumo
  • CEXT - Comercio exterior e intracomunitario
  • IVU - Índices de valor unitario para o comercio exterior
  • EPA - Enquisa de poboación activa
  • EPAx - Enquisa de poboación activa. Estudo sobre a relación coa actividade da poboación xuvenil
  • IASS - Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos
  • IPRI - Índice de prezos industriais
  • ECF - Enquisa conxuntural a fogares
  • BORME - Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil
  • IC - Índices de competitividade
  • EPAF - Estatística de fluxos da poboación activa
  • AfiSSC - Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia do/a afiliado/a
  • IPI - Índice de produción industrial
  • IVCM - Índice de vendas de comercio polo miúdo

O calendario está dispoñible en formato .ics (estándar iCalendar que lle permite á persoa usuaria subscribirse aos datos de forma que poida aplicalos a un calendario do seu ordenador, dispositivo móbil...).

Achéganos a túa opinión