Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar. Edición 2017
Descarga
Deseño do rexistro de nenos e nenas de 0 a 12 anos e valores válidos das variables
Ficheiro de microdatos de nenos e nenas de 0 a 12 anos (ficheiro ascii separado por ;)
Deseño do rexistro de pais/nais de menores de 0 a 12 anos e valores válidos das variables
Ficheiro de microdatos de pais/nais de menores de 0 a 12 anos (ficheiro ascii separado por ;)
Deseño do rexistro de núcleos familiares con polo menos un neno ou nena de 0 a 12 anos e valores válidos das variables
Ficheiro de microdatos de núcleos familiares con polo menos un neno ou nena de 0 a 12 anos (ficheiro ascii separado por ;)
Sobre este conxunto de datos
A Enquisa estrutural a fogares (EEF) é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas, e unha segunda de carácter específico.
No ano 2017 un dos módulos específicos está dedicado ao coidado de menores e a conciliación familiar. En concreto, recóllese información sobre, entre outros, os seguintes puntos:
- O tempo que os menores ata 12 anos pasan en garderías ou escolas
- Os servizos adicionais que utilizan (comedor, apertura antes do horario escolar, etc.)
- Medidas e solucións que adoptan os pais á hora de conciliar a súa vida laboral co coidado dos nenos e nenas, incluíndo os coidados proporcionados por outras persoas (avós, etc.)
- Data de alta: 01-08-2022
- Data de actualización: 01-08-2022
- Frecuencia de actualización: anual
- Licenza: Creative Commons BY SA 4.0
- Fonte de datos: IGE - Instituto Galego de Estatística
...outros conxuntos de datos relacionados
Achéganos a túa opinión
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
| Entidade | Mision |
|---|---|
| Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Consellería de Facenda e Administración Pública |
| Finalidades do tratamento | Xestionar as suxestións, propostas ou dúbidas sobre os conxuntos de datos publicados neste portal e recoller información sobre posibles experiencias de reutilización levadas a cabo con datos deste catálogo para divulgar estas iniciativas na páxina “Experiencias” deste portal |
| Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha misión realizada en interese público e dunha obrigación legal fundamentadas no disposto na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia e polo Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia na Internet |
| Destinatarios dos datos | Administracións públicas do ámbito estatal, autonómico ou local cando sexa estritamente necesario para a xestión da súa solicitude, comunicación ou suxestión. No caso de que se xestione a publicación da experiencia de reutilización a través da páxina “Experiencias” deste portal, acompañarase do nome e apelidos ou razón social do autor/a |
| Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
| Contacto delegado/a de protección de datos e máis información | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |
Ensino e formación
Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais