Texto plano (33 Kb) | Descarga un .zip que contén un ficheiro .txt |
Este módulo permite obter información sobre o tempo que os menores ata 12 anos pasan en garderías ou escolas, os servizos adicionais que se utilizan (comedor, apertura antes do horario escolar...), así como as medidas e solucións que adoptan os pais e nais á hora de conciliar a súa vida laboral co coidado dos/as nenos/as, incluíndo os coidados proporcionados por outras persoas (avós...).
A “Enquisa de condicións de vida das familias” (ECV) é unha actividade estatística anual que desde 1999 realiza o Instituto Galego de Estatística. Trátase dunha enquisa dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas.
Consta de dous módulos :
- Un primeiro de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñado para recoller información sobre variables básicas que, pola súa importancia e dinamismo, necesitan unha periodicidade anual
- Un segundo módulo de carácter específico dedicado a bloques temáticos de variables que presentan unha máis lenta evolución, polo que non necesitan un período anual de recollida de datos.
- Data de alta: 12-08-2014
- Data de actualización: 12-08-2014
- Frecuencia de actualización: sen periodicidade
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: IGE - Instituto Galego de Estatística
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais